El Campeonato de España trae una vez más el autocross al Circuito Municipal de Carballo con una participación record

Por tercera vez en la historia de la competición superamos la barrera de los cien participantes, con un total de 113

 

O Circuíto Municipal de Carballo volverá abrir as súas portas esta fin de semana para acoller a primeira proba da temporada do Campionato de España de Autocross (e a número 15 do calendario local), que comeza cunha cifra récord de participantes. Por terceira vez na historia da competición superamos a barreira dos cen participantes, cun total de 113, e unha vez máis volve pasar en Carballo, considerado un dos mellores circuítos do Estado.

Das excelentes condicións do circuíto municipal e da necesidade de seguilo mellorando para que poida acoller competicións aínda de maior nivel falou Ernesto Rumbo, de Escudería Club Rally Coruña, na presentación da carreira, na que tamén participaron Diego Iglesias, da Escudería Máis Motor; a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, e o alcalde, Evencio Ferrero.

O espectáculo está asegurado, xa que poderemos ver en acción aos mellores pilotos do país nas divisións I e II, buggy, carcross, carcross júnior e carcross series, entre eles varios de Carballo e do resto dos concellos da comarca. O alcalde, que puxo este tipo de competicións deportivas como “un exemplo de colaboración entre administracións e entidades”, incidiu precisamente na alta calidade dos corredores que teñen pasado polo circuíto municipal, entre eles o actual líder do campionato do mundo Jorge Prado, que correu en Carballo sendo aínda un rapaz.

O 15º Autocross Carballo comezará o venres pola tarde con adestramentos libres e verificacións, que continuarán o sábado 8 pola mañá no propio circuíto. O sábado disputaranse as primeiras mangas clasificatorias, e o domingo serán as últimas mangas e as finais.