O autocross regresa a Carballo coa súa 23ª edición

O próximo sábado 12 de setembro de 2026, o Circuíto Municipal de Carballo acollerá o 23º Autocross de Carballo, unha nova cita puntuable para o Campionato Galego de Autocross.

A xornada arrincará ás 10:30 horas co warm up, seguido da clasificación ás 11:30 horas. Pola tarde disputaranse as mangas clasificatorias, ás 15:00 e ás 16:30 horas, antes das finais, previstas para as 18:00 horas.

Unha cita imprescindible para os afeccionados ao motor e á competición sobre terra, que volverán gozar en Carballo dunha intensa xornada de velocidade e espectáculo.

📅 12 de setembro de 2026
📍 Circuíto Municipal de Carballo
🏁 23º Autocross de Carballo – Campionato Galego de Autocross

Máis información en 23 Autocross Carballo